Esforo presente garante recompensa futura

Moi gurú soa iso.

Tranquila/o, non che vou intentar vender un curso (polo momento).

Nin tampouco teño previso sen tiktoker de éxito.

As caralladas de vendefume están no seu punto álxido na rede social dos vídeos curtos. Primeiro foron os antifapbros, os cryptobros, logo os NFTbros e actualmente os Alfabros.

Non sei como nomear esas diferentes tribus que saen cada X meses copiándose uns aos outros e recomendando como enfocar a vida, malia que eles non a viviran. Porque é imposible que a maioría deles teñan unha mínima experiencia do que falan.

En fin.

Non, non son iso.

Aquí trabállase.

Trabállase duro.

Trabállase duro cun propósito, cunha meta e baixo a dirección dunha estratexia firme e clara.

E o propósito non é outro que poder:

  • Vivir mellor.
  • Ter máis tempo para adicar a cousas estimulantes.
  • Liberarme de preocupacións pasadas e presentes.
  • Poder desconectar un segundo da miña vida.

Teño unha lista delas máis estruturada.

Falaba o outro día con Javier Boquete, mentor e experto en márketing e preguntábame os meus obxectivos profesionais e persoais.

Os profesionais téñoos clarísimos.

Os persoais, non tanto.

É dicir, si sei o que quero e con quen o quero se falamos dun proxecto de vida. Este punto téñoo clarísimo.

Mais se falamos de obxectivos persoais en relación ao traballo… é difícil. Quizais simplemente poder despexar a mente de preocupacións laborais, que me asaltan tamén nos días libres.

E non é pouco.

Mira,

Esforzarse agora, para poder edificar a solución.

Nun futuro acotado no tempo.

Seguimos.

Relacionado: recompensa diferida.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario