Explorando outras vías

Comezarei dicindo que neste blog veño falar do meu libro (o do libro é figuradamente hehe).

Se che apetece seguir as miñas reflexións, quédate e comenta. Gustaríame saber se estás aí.

Ben.

Xa o sabes, son deseñador web.

Tamén son o administrador de Fala.

E son máis cousas, que a ti che importarán exactamente 3 pementos.

Porque cando nos prestamos, e iso falo ti e tamén veño de facelo eu, só falamos de nós mesmos.

EU. EU. EU.

EGO puro.

A ti o que eu sexa ou deixe de ser, saiba ou deixe de saber éntrache por un lado e sáeche polo outro. Porque o que eu sexa ou deixe de ser, saiba ou deixe de saber en nada vai mellorar nin cambiar a túa vida.

Se estás aquí é por algún destes 3 motivos:

  1. Rexoubeo (da miña vida laboral ou persoal).
  2. Aprender algo.
  3. Copiar algo.

Trabúcome?

Seguro que non, se o pensas por uns segundos.

Así que agardo que dentro duns meses estea satisfeito algún dos 3 puntos anteriores.

A cuestión

2023 ten que ser para min un ano onde… bon, teño un artigo completo falando do que foi 2022 e que quero para min en 2023.

Podes lelo aquí.

A cuestión.

Comecei a por en marcha algunhas cousas das que falo aí. Cales? As bases destes 3 puntos:

Segmentar moi ben o cliente obxectivo e a proposta de valor aportada.

Crear unha audiencia o máis parecida ao meu cliente obxectivo.

Lanzar o produto dixital.

anxosanchez.com

Levo días traballando, escribindo, gravando…

E como sei que eu só voume perder na inmensidade, decidín tirar dalgún profesional. Xa cho contarei noutro artigo isto.

E fin, sabes por que fago isto?

Tamén está escrito no artigo:

Traballar menos (intentando manter os niveis de ingresos).

Baixar o volume de servizos ofrecidos

Crear un produto dixital escalable que compense a baixada dos servizos e permita facturar máis traballando menos.

anxosanchez.com

Acompáñame nesta aventura.

Meetup de WordPress da Coruña · Foto de Enfócate Fotografía y Branding

1 comentario

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario