Estiven pensando nisto.
Xa che contei como decidín comezar o proceso de creación dun produto dixital e escalable que me permita a medio prazo pivotar o negocio co obxectivo de poder aportar o meu coñecemento doutro xeito que non sexa só ofrecendo servizos.
E tamén para poder liberar horas do meu día a día, que falta fai.
Comecei polo estudo do cliente obxectivo, a proposta de valor, etc.
Xa falaremos diso máis adiante.
Mais hoxe veño reflexionar dunha cousa que me leva días dando voltas na cabeza.
A creación dunha nova marca para este proxecto.
E non sei moi ben por que apostar. É dicir, eu podo seguir tirando da miña marca persoal Anxo Sánchez e aproveitar a autoridade actual da miña web para que sexa o punto fundalmental deste proxecto.
Ou porlle un novo nome, un novo dominio e desligalo dalgún xeito.
Non quero separar ambas cousas completamente, porque a credibilidade, autoridade e bo facer que me acompaña hai que demostralo tamén na nova marca.
Mais chámame bastante porlle un dominio propio e difundir desde aí.
Ti que pensas? Nova marca ou encaixalo na actual?